CONCERTO DAS ROSAS – COIMBRA 4, 5 Y 6 NOVEMBRO 2022

O pasado venres 4 de novembro saímos ás 9:00 da mañá dende A Coruña a Coimbra (Portugal) os compoñentes da Coral Adayeus e un grupo de acompañantes, co fin de participar nun encontro de 3 Coros Senior: Coro Misto Aposenior de Coimbra,  Coro da Associaçao para a Universidade dá Terceira idade de Torres Vedras e o Coro Adayeus da Universidade Sénior da Coruña.

Con moita ilusión e alegría levamos tres días de confraternización, e realizamos a actuación o sábado 5 pola tarde, na Igrexa da Nosa Señora da Graça, cunha acústica perfecta e baixo o mando da nosa directora Raquel Rodríguez que nos guía con paciencia e cariño.

Tamén aproveitamos para facer un pouco de turismo pola fermosa Coimbra, a súa universidade e a súa marabillosa biblioteca, pasando pola capela, o laboratorio químico e rematando no Museo Machado de Castro, realmente sorprendente.

Co traballo rematado e a diversión asegurada, fomos para casa cantando e contentos por ter feito un concerto exitoso.

Os nosos homólogos de Coimbra xa nos solicitaron devolver a visita, é dicir, queridos compañeiros e compañeiras que non puideron acompañarnos nesta viaxe, prepárense para poder asistir ao próximo concerto que, se non se celebra na Coruña, celebrarase nalgunha outra capital de Galicia, coa asistencia do noso Coro,  por suposto.

Mª del Carmen Sánchez Suárez

Vogal do Coro Adayeus

Galeria Fotos y Videos:  https://photos.app.goo.gl/dNx63CfvtYnmRVDZ8