PARTICIPACION CORO ADAYEUS EN EL «MESIAS PARTICIPATIVO» – PALACIO DE LA OPERA – A CORUÑA – 06 Y 07/12/2024
O Mesías Participativo na Coruña, celebrado os días 6 e 7 de decembro, foi un evento extraordinario que deixou pegada en todos os asistentes e participantes. Este proxecto, que une coros afeccionados con músicos e solistas profesionais, permitiunos vivir de preto a maxestade do famoso “Mesías” de Haendel nun formato que invita á colaboración e ao goce colectivo.
A Coral ADAYEUS tivo a honra de formar parte desta experiencia. Durante semanas, os seus integrantes traballaron arreo para prepararse, afrontando os retos técnicos e musicais que supón un traballo desta envergadura. Ensaios intensos, compromiso e paixón marcaron o camiño.
O esforzo valeu a pena: a actuación foi un éxito rotundo. As voces do coro, unidas ás doutras agrupacións participantes e guiadas pola maxistral dirección do mestre, Carlos Mena, encheron o escenario e a sala dunha enerxía única. Para os integrantes de ADAYEUS non só foi unha oportunidade de medrar musicalmente, senón tamén de formar parte de algo moito máis grande: un acto de comunidade e amor pola música.
O público emocionado respondeu con calorosos aplausos, recoñecendo o talento e a dedicación de todos os implicados. Sen dúbida, o Mesías Participativo na Coruña foi unha experiencia inesquecible que reforza o poder da música como ponte entre as persoas.
Parabéns á nosa Coral.
Marisa Mauriz Barreiro
Presidente ADAYEUS
FOTOS E VÍDEOS: https://photos.app.goo.gl/e1DiymAqD1VwZP5k6
CONCERTO ADAYEUS RESIDENCIA TORRENTE BALLESTER – 29/11/2024
Hoxe, nun ambiente cheo de emoción e calidez, a Asociación ADAYEUS comenzou a realización dos concertos de Nadal coa celebración de un concerto inesquecible na Residencia de Maiores TORRENTE BALLESTER. O evento, deseñado para alegrar e conectar os corazóns, foi un verdadeiro éxito.
A Coral ADAYEUS e os integrantes do novo grupo de Cantos Tradicionais de ADAYEUS, achegaron un repertorio que combinou pezas clásicas con cancións populares cargadas de historia e sentimento. Cada actuación foi recibida con sorrisos, aplausos entusiastas e algunha que outra bágoa de nostalxia entre os residentes.
Ao remate do concerto xuntáronse os dous grupos para cantar todos xuntos «O Voso Galo», máis coñecido como «Galopín».
A maxia da música conseguiu o que mellor fai: unir xeracións, espertar recordos e traer alegría. Ao remate do concerto palpábase o agradecemento tanto nos aplausos como nos rostros dos asistentes.
Este tipo de actividades non só destacan o compromiso de ADAYEUS coa comunidade, senón que reafirman o poder transformador da música para conectar almas e crear momentos inesquecibles.
¡Un evento digno de lembrar!
Marisa Mauriz
Presidenta ADAYEUS
Fotos: https://photos.app.goo.gl/yRqRtviVsww7icQe9
CONCERTO ADAYEUS – 13/09/2024
Na tarde de onte tivo lugar no Salón de Actos da ETS de Náutica da Coruña unha Xuntanza Coral organizada por ADAYEUS, e patrocinada pola FECOGA, (Federación de Coros Galegos) coa participación da Rondalla de Cariño. , a Coral Senior de Telefónica, a Coral Polifónica da Cañiza (Pontevedra) e a Coral ADAYEUS.
Cun auditorio totalmente cheo e diversidade de estilos musicais, disfrutamos dunha tarde máxica que remataba cunha pequena entrega de agasallos aos responsables das Corais, e uns “Pinchos” para os participantes.
Agradecemos a todos os socios que nos axudaron a que a organización deste evento fose un éxito, e a todas as persoas que se achegaron a vernos.
Esperamos reencontrarnos moi pronto!
Marisa Mauriz Barreiro
Presidenta ADAYEUS
https://photos.app.goo.gl/yLVBS8YRRGALog2ZA
ACTUACIÓN CORO SENIOR ADAYEUS XIX GRADUACIÓN PROMOCIÓN UNIVERSIDAD SENIOR DA CORUÑA – 06/06/2024
Hoxe 6 de xuño, ás 11:00 horas, no Paraninfo do Reitorado da Universidade da Coruña, na Maestranza, tivo lugar o acto de graduación da XIX promoción de graduados da Coruña.
Este acto comezou coa intervención do coro ADAYEUS, que interpretou o Gaudeamus Igitur.
O acto, estivo presidido polo noso reitor, Ricardo Cao, polo vicerreitor Moises Canle, a nosa direitora, Matilde García, así como o padriño da promoción, o profesor Fernando Agrasar e a voceira da promoción, Ángeles Fernández.
A continuación, Francisco Ascón Belver, técnico da Universidade Sénior fai o chamamento, de 4 en 4, dos titulados que recollen os seus diplomas e becas na mesa presidencial.
Francisco Ascón, foi nomeándoos por orde alfabética, e así pasaron os titulados, entre eles un membro do noso coro, Florencio Mateo.
Despois da entrega, recibiron unha forte ovación de todos os que estaban alí.
Pechou o acto o coro ADAYEUS, interpretando un tema do seu repertorio: Dorme, dorme, meu menino e como remate do acto cantaron o Himno Galego, ao tempo que abrían as cortiñas do Paraninfo e volvemos a poder admirar a “pintura impresionista” que nos ofrece a baía da Coruña.
Parabéns aos novos graduados.
Marisa Mauriz Barreiro
Presidenta Adayeus
Fotos y Videos: https://photos.app.goo.gl/zCny5aNfKU9sZQii8
ACTUACION CORO SENIOR ADAYEUS NO FESTIVAL DA PRIMAVEIRA CONCELLO DE CARIÑO – 27/04/2024
Onte sábado 27 de abril a Coral ADAYEUS da nosa Asociación tivo o seu primeiro concerto en Cariño, baixo a batuta do noso director, Christian Losada Matías, coa interpretación de 4 temas do novo repertorio: Ay Linda Amiga, Dorme Dorme meu menino. , Ai triste que veño, e Ave María.
Marisa Mauriz
FOTOS E VIDEOS: https://photos.app.goo.gl/NY41NokTeJ8gwydCA
ACTUACION DO CORO SENIOR ADAYEUS NA RESIDENCIA DE MAIORES SANITAS – 18/12/2023
Hoxe o Coro Senior Adayeus rematou a tempada de concertos nas residencias de maiores, coa actuación no Centro de Sanitas.
Desexamos a todos unhas felices festas e un feliz ano novo.
Marisa Mauriz
FOTOS E VIDEO: https://photos.app.goo.gl/aKLBcpU6WwyGKi1fA
ACTUACION DO CORO SENIOR ADAYEUS NA RESIDENCIA DE MAIORES ADCOR – 11/12/2023
Hoxe o Coro Senior ADAYEUS, actuou na Residencia de Maiores, ADCOR, onde como sempre fomos recibidos con moita ledicia e agarimo. Co noso agradecemento tanto a os residentes como a os responsables do Centro, desexamoslles unhas moi Felices Festas do Nadal.
Marisa Mauriz
FOTOS Y VIDEO: https://photos.app.goo.gl/MoVnpvSRugnRmZTc7
ACTUACION DO CORO ADAYEUS NA RESIDENCIA DE MAIORES TORRENTE BALLESTER – 27/11/2023
Hoxe, o Coro Adayeus actuou na Residencia de Maiores «TORRENTE BALLESTER», onde fomos recibidos como sempre, tanto polos empregados, como polos residentes, con moito cariño e alegría, acompañandonos en algunhas interpretacions, cantando e batendo palmas.
O repertorio foi o seguinte:
Siyahamba
O Voso Galo Comadre
Pandeirada de Vilariño,
Duerme el Niño Jesus
Ven Niño Ven
En la mas fría noche
Blanca Navidad
Gatatumba
¡¡Moitas Grazas!!
Marisa Mauriz
FOTOS: https://photos.app.goo.gl/VcDjUtCehrGGxdEX7
ACTUACION DO CORO ADAYEUS NA RESIDENCIA DE MAIORES PADRE RUBINOS – 22/11/2023
Hoxe comenzamos a primeira das actuacións do ciclo de Residencias de Maiores deste curso 2023/2024. Foi na Residencia de maiores «Padre Rubinos», onde nos recibiron como en todas, con moito cariño, e que tentamos corresponder do mesmo xeito, cantando o mellor que sabemos.
O repertorio foi o seguinte:
Siyahamba
O Voso Galo Comadre
Pandeirada de Vilariño,
Duerme el Niño Jesus
Ven Niño Ven
En la mas fría noche
Blanca Navidad
Gatatumba
Marisa Mauriz
Videos y Fotos: https://photos.app.goo.gl/xuvoZuGngx9vtHEg9
GRADUACIÓN SENIOR UDC XVIII PROMOCIÓN – 08/06/2023
Hoxe 8 de xuño, ás 12:00 horas, reunímonos no Paraninfo do Reitorado da Universidade da Coruña, na Maestranza, onde tivo lugar o acto de graduación da XVIII promoción de graduados da Coruña.
Este acto comezou coa intervención do coro ADAYEUS, que interpretou o Gaudeamus Igitur.
O acto, este ano, estivo presidido polo reitor, D. Julio Abalde, pola vicerreitora de Planificación Académica e Innovación Docente da Universidade da Coruña, Dona Nancy Vázquez Veiga, e contou coa intervención da directora da Universidade Sénior, Dona Matilde García Sánchez. Tamén participaron o padriño da promoción, o profesor Juan José Galán Díaz, e o representante do alumnado da promoción, D. Ramón Pou Romay, que ademáis e o Vicepresidente da Asociación ADAYEUS, que fixo una mención especial para nosa Asociación.
A continuación, Francisco Ascón Belver, técnico da Universidade Sénior fai o chamamento, de 4 en 4, dos titulados que recollen os seus diplomas e becas na mesa presidencial.
Francisco Ascón, foi nomeándoos por orde alfabética, e así pasaron os titulados, entre eles, varios membros da Xunta Directiva de ADAYEUS: Antonia Barral, M. Dolores Cabrera, Ramón Pou y María Luisa Mauriz, que e compoñente tamén do Coro ADAYEUS, así como outra compoñente do Coro, María Nieves Sánchez Iglesias.
Despois da entrega, recibiron unha forte ovación de todos os que estaban alí.
Por último, tomou a palabra o Reitor, D. Julio Abalde, o cal dirixiu unas fermosas palabras a todos os recién Graduados, despedindose do seu posto como Reitor, o cal finaliza a finais de este ano, y desexando que pase rápido, o tempo que lle queda para poder ser alumno da Universidade Senior.
Pechou o acto o coro ADAYEUS, interpretando un tema galego: “Xa non sei Cantar”, e como remate do acto cantaron o Himno Galego, ao tempo que abrían as cortiñas do Paraninfo e volvemos a poder admirar a “pintura impresionista” que nos ofrece a baía da Coruña.
Parabéns aos novos graduados.
ADAYEUS
VIDEOS: https://photos.app.goo.gl/hZC62DWaKNQhfpry6
I ENCONTRO DE COROS DOS PROGRAMAS DE MAIORES EN GALICIA – 20/05/2023
O sábado 20 de maio tivo lugar no Mosteiro de San Martín Pinario, en Santiago, o I Encontro de Coros dos Programas de Maiores de Galicia, organizado pola Asociación ADAYEUS, baixo o patrocinio de FEGAUS (Federación Galega de Asociacións de Universidades Séniores). de Compostela.
Coa afluencia de numeroso público e nun marco tan especial e excepcional, o concerto comezou coa actuación da fagotista Marina García Gallego, á que seguiron a Coral Polifónica da Casa del Mar, a Coral Polifónica San Martín de Meirás (Sada) e a Coral Sénior da Asociación ADAYEUS.
Pechouse o acto, coa interpretación conxunta de todos os coros do tema “O VOSO GALO”.
Por parte de Adayeus fíxose entrega dun detalle aos directores das Corais participantes, e a Marina García Gallego.
Para rematar o encontro celebrouse unha cea na hospedería do propio Mosteiro, para todos os participantes e asistentes.
María del Carmen Sánchez
Vocal Coro Adayeus
Fotos: https://photos.app.goo.gl/XwiGxyRssG8N1HaV7
Videos: https://photos.app.goo.gl/tPQSxWuy2V4D7wdA9
CONCERTO A BENEFICIO DA COCIÑA ECONOMICA – 21/04/2023
Onte venres 21 de abril tivo lugar o Concerto a beneficio da Cociña Económica da Coruña, no Salón de Actos da E.T.S. de NAUTICA, organizada por Adayeus, e coa participación da Coral Senior de Telefónica, a coral Casa del Mar, a coral Adayeus e a coral DO LA DO DO SOL, á que tamén asistiu o presidente da Cociña Económica D. Jacinto Torres Fraga.
Na entrada do salón colocouse unha urna para recibir as doazóns que puidesen achegar os asistentes.
A asistencia de público foi moi satisfactoria, e moi participativa, ao pasar unha tarde moi agradable.
O acto foi presentado polo vicepresidente da Asociación, Ramón Pou Romay, e clausurado pola presidenta, Marisa Mauriz Barreiro.
Agradecemos ás corais participantes e aos seus directores, Pablo Rico, Luisa Armesto, Raquel Rodríguez e Antón Fernández, a súa implicación no acto, e esperamos contar coa súa compañía en máis ocasións.
Dende Adayeus esperamos que vos gustara o evento.
Marisa Mauriz
Presidente Adayeus
FOTOS: https://photos.app.goo.gl/ngStHaPnbNDXTSRs5
ACTUACION DO CORO ADAYEUS NO ACTO DE CLAUSURA DA SEMANA INTERNACIONAL DA UDC, 31/03/2023
O venres 31 de marzo, o Coro Adayeus actuou no acto de clausura da Semana Internacional da UDC, no Paraninfo da Universidade da Coruña, interpretando o «Gaudeamus Igitur, Alala de Noia e o Himno Galego».
FOTOS: https://photos.app.goo.gl/5oBaLJ6t1GD9g3ZL6
ACTUACION DO CORO ADAYEUS EN DOMUS Vi LA CIUDAD – 15 DE MARZO DE 2023
Hoxe celebramos a última actuación do ciclo de Residencias de Maiores deste curso 2022/2023. Foi na Residencia Domus Vi da Cidade Vella da Coruña, onde nos recibiron como en todas, con moito cariño, e que tentamos corresponder do mesmo xeito, cantando o mellor que sabemos. Ao remate do concerto, unha usuaria da residencia agasallounos cun pequeno cadro feito por ela mesma, que nos entregou con moita emoción, e que estes días colgaremos no local da nosa Asociación.
Algunhas tamén tivemos a sorte de saudar á que foi primeira alcaldesa da Coruña, Berta Tapia, que estivo alí.
O repertorio foi o seguinte:
Pandeirada de Vilariño,
Canto de Berce,
Os Cregos e os Taberneiros,
Alala de Noia,
O Voso Galo Comadre,
Xa non sei cantar,
Cantando O Xote,
Siyahamba,
e finalmente A RIANXEIRA.
Agardamos que o desfrutaran, igual que nós.
Marisa Mauriz
ACTUACION DO CORO ADAYEUS EN ASPACE – SADA – 13 DE FEBREIRO DE 2023
ACTUACION DO CORO ADAYEUS EN LAMASTELLE – OLEIROS – 08 DE FEBREIRO DE 2023
ACTUACION DO CORO ADAYEUS NA RESIDENCIA TORRENTE BALLESTER .- 12 DE DECEMBRO DE 2022
Este luns, 12 de decembro, a Coral Adayeus actuou na Residencia Torrente Ballester na Coruña.
https://photos.app.goo.gl/dzR73CPjeuie14uY6
ACTUACION DO CORO ADAYEUS NA RESIDENCIA DOMUS Vi DA CORUÑA .- 30 DE NOVEMBRO DE 2022
Este mércores, 30 de novembro, a Coral Adayeus comezou as súas actuacións nas Residencias de Maiores, como todos os anos, dende antes da pandemia, sendo a primeira na Residencia Domus Vi de Matogrande. A seguinte será o 12 de decembro, ás 17:30 horas na Residencia Torrente Ballester.
https://photos.app.goo.gl/D5XBeCRpeHmr3eng9
CONCERTO DAS ROSAS.- COIMBRA 4, 5 Y 6 DE NOVEMBRO DE 2022
O pasado venres 4 de novembro saímos ás 9:00 da mañá dende A Coruña a Coimbra (Portugal) os compoñentes da Coral Adayeus e un grupo de acompañantes, co fin de participar nun encontro de 3 Coros Senior: Coro Misto Aposenior de Coimbra, Coro da Associaçao para a Universidade dá Terceira idade de Torres Vedras e o Coro Adayeus da Universidade Sénior da Coruña.
Con moita ilusión e alegría levamos tres días de confraternización, e realizamos a actuación o sábado 5 pola tarde, na Igrexa da Nosa Señora da Graça, cunha acústica perfecta e baixo o mando da nosa directora Raquel Rodríguez que nos guía con paciencia e cariño.
Tamén aproveitamos para facer un pouco de turismo pola fermosa Coimbra, a súa universidade e a súa marabillosa biblioteca, pasando pola capela, o laboratorio químico e rematando no Museo Machado de Castro, realmente sorprendente.
Co traballo rematado e a diversión asegurada, fomos para casa cantando e contentos por ter feito un concerto exitoso.
Os nosos homólogos de Coimbra xa nos solicitaron devolver a visita, é dicir, queridos compañeiros e compañeiras que non puideron acompañarnos nesta viaxe, prepárense para poder asistir ao próximo concerto que, se non se celebra na Coruña, celebrarase nalgunha outra capital de Galicia, coa asistencia do noso Coro, por suposto.
Mª del Carmen Sánchez Suárez
Vogal do Coro Adayeus
https://photos.app.goo.gl/dNx63CfvtYnmRVDZ8
CURSO 2021/2022
El viernes 20 de Mayo de 2022, Adayeus ha celebrado la comida de Fin de Curso en el Hotel Finisterre, y para este evento, el Coro de nuestra Asociación ha actuado, después de casi dos años y medio de inactividad, debido a la pandemia, interpretando cuatro temas de su amplio repertorio: O Xote, Gobbo Sopare, Siyahamba y O Noso Galo Comadre, siendo muy aplaudidos por todos los asistentes.
https://photos.app.goo.gl/KNX98ZaHdvKvPVqy9
CURSO 2017/2018
A piques de rematar o curso académico 2017/18, e como ven sendo habitual, o Coro ADAYEUS participou en diferentes actos dirixidos a distintos colectivos.
O primeiro deles foi nun concerto celebrado o 10 de maio na E.T. S. Naútica, xunto coa Coral Santa Comba de Veigue
[youtube https://www.youtube.com/watch?v=BSqauOxAank&w=560&h=315]
Na comida de confraternidade de Adayeus o día 23 de maio, realizada no Hotel Fisterre, tamén tivo unha brillante actuación, interpretando catro temas moi aplaudidos polos asistentes.
É de resaltar as actuacións nas Residencias de Maiores polo alto sentido social e a excelente participación dos residentes, realizadas o 3 de maio en DOMUS VI Matogrande, o 31 de maio en ADCOR nos Rosales, e o 7 de xuño na DOMUS VI en Oleiros.
Navidad 2017
EL MESIAS
En el Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, el viernes 22 diciembre 2017 –sorteo de Lotería de Navidad-, actuó nuestro Coro ADAYEUS.
El motivo fue la invitación al Coro en el concierto participativo dentro de la Obra Social “La Caixa”, para interpretar El Mesías de G.F.Händel, con la Real Filharmonía de Galicia y Cappella Amsterdam, dirigidos por el maestro Daniel Reuss, y acompañados de una soprano, una contralto, un tenor y un bajo.
Participaron dos corales y seis coros, en total 266 voces, de los cuales dos de ellos eran conocidos por nuestro Coro, ya que el pasado año coincidieron en el concierto del mes de diciembre, tanto en el Palacio de la Ópera de A Coruña, como en el Auditorio y Palacio de Congresos Mar de Vigo, también para interpretar El Mesías.
En el día de hoy, la actuación fue extraordinaria, especialmente emocionante cuando cantaron el Aleluya, himno de alabanza al Mesías.
El aforo de la Sala principal del Auditorio de Galicia -1002 butacas-, se quedó pequeño, estaba repleto.
Como todo lo bueno acaba, cuando finalizó el concierto, nos regalaron dentro de los bises, de nuevo el Aleluya, el cual fue aplaudido hasta cansarnos las manos y con todo el público en pie.
Enhorabuena al Coro de ADAYEUS, y muchos éxitos para el próximo año 2018
A Coruña, 22 diciembre 2017
eloisa cubeiro veiga
NAVIDAD 2015
Como viene siendo habitual, el Coro Adayeus actuó estas Navidades en varias Residencias de Mayores de A Coruña. Es gratificante ver a personas tan mayores y algunas con demencias, disfrutar y cantar las canciones y villancicos conocidas, tanto ellas como sus familiares y personal de los Centros.
Enlace para ver las fotos :Coro Adayeus en Navidad 2015 |
El día 18 de Noviembre de 2011 se inició la formación del Coro Adayeus con las pruebas de voz para ajustar las cuerdas según el registro de los coralistas. Estará formado por cuatro cuerdas: Sopranos, contraltos, tenores y bajos.
Imágenes de Coro en la Graduación de la 10ª Promoción
[youtube https://www.youtube.com/watch?v=O5vFXpfP73M]