Día das Letras Galegas 2023 na Universidade Sénior

O vindeiro 16 de maio, martes, a Universidade Sénior celebra o Día das Letras Galegas 2022 con actos na Coruña e Ferrol.

O vindeiro 16 de maio de 2023, a Universidade Sénior, o programa universitario para adultos maiores de 50 anos da Universidade da Coruña, celebrará o Día das Letras Galegas con actos programados nas súas sedes da Coruña e Ferrol.

No campus da Coruña, o espazo Cubo de Normal (Paseo de Ronda, 47), acollerá o seguinte programa de actividades:

17:00 Conferencia “Francisco Fernández del Riego e o Día das Letras Galegas” a cargo de Anxo Angueira, escritor e estudoso da literatura galega

18:00 Lecturas a cargo do alumnado

18:30 Concerto “O Ronsel do Meu Sentir”, a cargo de Xoán Carlos Rilo

A entrada é libre ata completar aforo

A Deputación da Coruña porá en marcha en 2024 na Cidade das TIC, que promove a UDC, o maior

estudo audiovisual virtual de España

A Coruña, 26 de xaneiro de 2023.- O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, participou onte na Cidade das TIC da Coruña no acto de presentación dos primeiros avances do que será o maior estudio audiovisual virtual de España xunto con María González Veracruz, secretaria de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, Inés Rey, alcaldesa da Coruña, Julio Abalde, reitor da UDC, o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, e Jorge Algora, presidente do Clúster Audiovisual de Galicia.

Valentín González Formoso asegurou que este estudio audiovisual virtual será “o primeiro gran proxecto audiovisual que se fará realidade na Cidade das TIC, a principios de 2024”.

O novo estudio audiovisual virtual xa ten ubicación concreta: vaise executar na parcela 19 da Zona 02 Cidade das TIC, nunha nave de nova construción que contará cunha superficie construída de 1.600 metros cadrados, dos cales 750 metros van estar dedicados a albergar un plató inmersivo con tecnoloxía pioneira en Europa que permitirá para recrear dixitalmente calquera escenario real ou de ficción. Nesta localización vaise instalar un gran estudo virtual inmersivo de máis de 20 metros de ancho e oito metros de altura, configurado por 758 paneis LED de alta resolución.

Formoso detallou que este estudio permitirá crear contidos inmersivos para producións de ficción, realidade virtual e aumentada, que son de aplicación no campo cinematográfico, televisivo, publicitario ou dos videoxogos. “As produtoras audiovisuais “poderán recrear o deserto do Gobi, o polo norte ou a quinta avenida de Nova York sen saír da Coruña”, explicou o presidente.

Segundo explicou o presidente, Valentín González Formoso, o proxecto suporá un investimento de case oito millóns de euros, dos que cinco millóns estarán financiados a través dos Fondos do Plan de Recuperación do Goberno de España e arredor de tres millóns con fondos propios da Deputación da Coruña.

O presidente apuntou tamén que o proxecto suporá o posicionamento estratéxico de Galicia dentro do Plan “España, Hub audiovisual de Europa”, dotado con máis de 1.600 millóns de euros de orzamento ata 2025, que vai destinado a transformar o ecosistema audiovisual do país, impulsar a súa internacionalización e competencia nos mercados internacionais.

“A idea de ubicar este espazo na Cidade das TIC da Coruña nace co obxectivo de crear sinerxías co sector tecnolóxico, xa que alí poderá atoparse nun futuro próximo boa parte do talento dixital de Galicia”, afirmou Formoso, que remarcou que a Deputación “xa está a traballar, de forma dilixente, xunto co Clúster do Audiovisual Galego no deseño da infraestrutura, na licitación das obras da nova nave, e na xestión do propio espazo, porque é fundamental acertar en todas as fases do proceso”.

 

González Veracruz destaca a “exemplaridade” do proxecto

A secretaria de Estado, María González Veracuz, resaltou a “exemplaridade do modelo de actuación para sacar adiante a idea, que nace desde abaixo, a través da forza dun tecido empresarial moi potente, pasando polo liderado da Universidade e finalizando coa execución exemplar das políticas públicas a través da coordinación entre as diferentes administracións e da colaboración público-privada”.

González Veracruz considerou que o Plan España, Hub Audiovisual de Europa é “pioneiro” e contribuirá a apoiar e promocionar o talento existente no sector e a incrementar ata nun 30% o número de producións audiovisuais do noso país.

“Os fondos Next Generation son unha oportunidade única que este país está xestionando de forma exemplar. Están aquí en Galicia en termos de conectividade de banda ancha, de despregamento do 5G e de proxectos coma este, destinados a impulsar o sector audiovisual”, afirmou a secretaria de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais.

Inés Rey quixo destacar que “despois do nomeamento da Coruña como sede de AESIA, esta nova instalación sitúa a nosa cidade como polo tecnolóxico a nivel nacional” e subliñou que “todo isto demostra o noso potencial á hora de acoller proxectos e eventos dentro deste sector”.

Segundo apunta Jorge Algora, “esta aposta é apoiada por todo o sector e permitirá que o audiovisual galego se consolide e sexa diferencial a nivel nacional e internacional, obtendo unha maior reputación e atraendo talento de moitas zonas xeográficas”.

Pola súa banda o reitor da UDC, Julio Abalde, celebrou “o éxito deste proxecto, posto que a nosa universidade dispón das titulacións indicadas para formar aos potenciais usuarios destas instalacións”. Neste sentido, a UDC ofrece os graos en Comunicación Audiovisual; e Creación Dixital, Animación e Videoxogos e os másteres en Produción Xornalística e Audiovisual e en Deseño, Desevolvemento e Comercialización de Videoxogos. Abalde engadiu que “grazas a este Hub audiovisual conseguirase dar o impulso necesario para darlle un futuro a todo ese talento crecente no eido audiovisual” que desde a UDC contribúen a formar.

 

Foto: Desde a esquerda, Cristina López Villar, vicerreitora de Igualdade, Cultura e Deporte da UDC; Julio Abalde, reitor; Valentín González Formoso, presidente da Deputación; María González Veracuz, secretaria de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais; Inés Rey, alcaldesa; José Miñones, delegado do Goberno en Galicia; e José Ramón Riobóo, vicepresidente da Deputación.

 

 

Seminario sobre Nutrición na Universidade Sénior da Coruña, o vindeiro mes de maio

Entre o 20 e o 28 de abril, estará aberta a inscrición no Seminario que impartirá Nutriciona na Universidade Sénior da Coruña ao longo de 4 sesións no mes de maio de 2022

Durante catro sesións de hora e media de duración, de 12 a 13:30 horas, os técnicos da empresa Nutriciona desenvolverán diversos contidos vencellados coa saúde e a nutrición, có seguinte Programa:

  • 6 de maio: «Alimentos e os seus nutrientes: planifica o teu menú semanal»
  • 13 de maio: «Azucre e sobremesas saudables: como facer unha boa compra»
  • 20 de maio: «Como como? Fame, saciedade e influencia da publicidade»
  • 27 de maio: «Seguridade alimentaria na casa: cociñamos un menú de picnic»

As catro sesións serán desenvolvidas nas instalacións da Universidade Sénior en Normal (Paseo de Ronda, 47, 1º) da Coruña.

As prazas son limitadas e serán asignadas por rigorosa orde de inscrición.

A inscrición só poderá realizarse mediante formulario electrónico: FORMULARIO DE INSCRICIÓN

prazo de inscrición é do 20 ao 28 de abril de 2022

____________________________________________________________________________________

17 de marzo de 2022

No Servizo de Estudantes da Universidade da Coruña (UDC), estamos preparando as Xornadas de Portas Abertas Virtuais (XPAV) para os vindeiros mércores 30 e xoves 31 de marzo, en horario de 16:00h a 20:00h, vía Teams.

 

A nosa intención e facer unhas Xornadas áxiles e interesantes para o Futuro Estudante, nas que poderá: 

  • Seguir as charlas en directo das titulacións de Grao nas que poderán facer consultas aos relatores. 
  • Ver vídeos dos Centros e da Vida Universitaria que a UDC lles ofrece, así como testemuñas do alumnado universitario.  
  • Participar nos retos e obradoiros, nos que poderán conseguir premios. 

 

As Xornadas comezarán o dia 30 e o 31 de marzo ás 16,00h coa charla en directo sobre as ABAU – PREINSCRICIÓN do prof. Pedro Armas, Delegado da UDC ante a  CIUG, nas que expoñerá o calendario e novidades para o 2022. 

14 de marzo de 2022

Bo día,

 

Dende o Servizo de Estudantes estamos a organizar unhas Xornadas Virtuais de Portas Abertas para dar a coñecer a nosa ampla oferta de titulacións de grao e a VIDA UNIVERSITARIA ao futuro estudantado, polo que resulta imprescindible contar coa súa colaboración. 

 As Xornadas desenvolveranse o mércores 30 e o xoves 31 de marzo das 16:00 h ás 20:00 h a través de Teams. 

 Haberá charlas informativas sobre ABAU e PREINSCRICIÓN, GRAOS e un PUNTO DE INFORMACIÓN atendido polo persoal do Servizo de Estudantes e dos campus de especialidade. 

 Poñeremos a disposición dos visitantes vídeos dos centros universitarios e vídeos relacionados coa vida universitaria: residencias públicas, cultura, deportes, cooperación e voluntariado, medio ambiente, UDC Saudable, participación, emprego, atención á diversidade, Centro de Linguas, ORI, Bibliotecas, Aulas de Estudo…  

 Para que as Xornadas sexan máis dinámicas, gustaríanos contar con novos Retos e Obradoiros en directo.  As persoas gañadoras serán agasalladas con suadoiros, libros e bolsas da UDC.  

Podedes participar activamente nestas Xornadas, achegando vídeos/recursos da vosa Asociación, que subiremos ao voso apartado na web: https://udc.es/gl/sape/asociacionismo/Asociacions-UDC/

e/ou propoñendo actividades en directo.

Podedes revisar o material que xa figura na web de Futuros Estudantes, da edición anterior:

Vida Universitaria: https://www.udc.es/es/futuros_estudantes/portas_abertas/vida-universitaria/

Retos / Obradoiros: https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/obradoiros-retos/

 

Nas seguintes ligazóns podes obter información máis detallada de:Futuros Estudantes: https://www.udc.es/es/futuros_estudantes/graos/