Hoxe, venres 5 de xuño, as 10:00 horas, no Paraninfo da Reitoría da Universidade da Coruña, na Maestranza, tivo lugar o acto de graduación e entrega de diplomas ao alumnado do campus da Coruña e de Ferrol, correspondente a XXI promoción (2021-2026) do “Graduado Senior pola Universidade da Coruña” acto no que tamén se conmemorou o 25 aniversario da creación da propia Universidade Senior.
O acto estivo presidido polo Reitor da Universidade da Coruña, D. Ricardo Cao Abad, que estivo acompañado polo Director Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria da Xunta de Galicia, D. Antonio Acevedo Prado, pola Alcaldesa da Coruña, Dna Inés Rey, e pola Concelleira de Política Social e Inclusión do Concello de Ferrol, Dna Rosa María Martínez Beceiro.
Tamen asistiron ao evento diversas autoridades municipais, alcaldes e concelleiros, dos concellos de As Pontes, Arteixo, Betanzos, Carballo, Cee e Zas, que colaboran no desenvolvemento do programa universitario de Democratización do Coñecemento da Universidade Senior.
Trala entrega de diplomas, o acto continuou coa intervención da directora da Universidade Senior, Dna. Matilde García Sánchez e foi clausurado polo vicerreitor de Títulos e Internacionalización, D. Moisés Canle López.
A actuación musical do Coro da Asociación de Alumnos/as e Exalumnos/as da Universidade Sénior de A Coruña (ADAYEUS), puxo o broche final a este acto de graduación e de conmemoración do 25 aniversario da Unversidade Senior, interpretando a “Foliada Do Salnés”, “The Lion Sleeps Tonight” e o “Himno Galego”.
¡Noraboa a todos os graduados!
Marisa Mauriz
Presidenta ADAYEUS
Foto e Videos: https://photos.app.goo.gl/nXiNFqMabdW1Wcsz9
