Onte, sábado 7 de novembro, o Auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo acolleu o II Certame Galego de Coros Universitarios Sénior, un evento que reuniu a diversas agrupacións corais afiliadas ás universidades sénior de Galicia para unha xornada de música, camaradería e confraternización.
O certame, organizado este ano pola Asociación de Estudantes de Cuarto Ciclo – USC Lugo e a Federación de Asociacións Universitarias Sénior (FEGAUS), continuou a tradición iniciada no primeiro encontro celebrado en Ferrol o ano pasado, consolidándose como un evento cultural que celebra o talento, o entusiasmo e o desexo de seguir desfrutando da música a calquera idade.
A Coral ADAYEUS, pertencente á Asociación de Estudantes e Antigos Alumnos da Universidade Sénior da Coruña, tivo o pracer de participar nesta celebración, compartindo escenario e experiencias coas outras agrupacións.
Queremos agradecer aos organizadores a súa invitación e o magnífico traballo que realizaron para facer posible este evento, e felicitar a todos os coros participantes polas súas actuacións.
Foi un día para lembrar, no que a música volveu demostrar que non coñece idade e que compartila é unha das mellores maneiras de crear conexións e fortalecer lazos entre as nosas asociacións.
Parabéns a Lugo por este segundo concurso! Agora temos o marabilloso reto de estar á altura das expectativas no seguinte evento.
Fotos y Videos: https://photos.app.goo.gl/UncZ8p9puy9Zt7XM9
Marisa Mauriz Barreiro
