Un breve achegamento ás posibilidades da cámara do noso móbil da man de Eduardo Castro, un fotógrafo experimentado e atento.
A vista da numerosísima asistencia, puidemos constatar:
– que somos moitas persoas en ADAYEUS as que temos interese en optimizar o uso das técnicas ao noso alcance.
– que compartimos xenerosamente os nosos coñecementos cando estamos en grupo.
– que isto pode ser o inicio dalgún tipo de xuntanza no futuro: clube de «mobilistas», xornadas abertas de «redeiros”?
Grazas.
Antonio Lema