A piques de rematar o curso académico 2017/18, e como ven sendo habitual, o Coro ADAYEUS participou en diferentes actos dirixidos a distintos colectivos.

O primeiro deles foi nun concerto celebrado o 10 de maio na E.T. S. Naútica, xunto coa Coral Santa Comba de Veigue

[youtube https://www.youtube.com/watch?v=BSqauOxAank&w=560&h=315]

Na comida de confraternidade de Adayeus  o día 23 de maio, realizada no Hotel Fisterre, tamén tivo unha brillante actuación, interpretando catro temas moi aplaudidos polos asistentes.

20180523_163813

É de resaltar as actuacións nas Residencias de Maiores polo alto sentido social e a excelente participación dos residentes, realizadas o 3 de maio en DOMUS VI Matogrande, o 31 de maio en ADCOR nos Rosales, e o 7 de xuño na DOMUS VI en Oleiros.

Nestas fotos están reflectidas algúns momentos das actuacións.

 

Na ceremonia de Graduación do alumnado de 4º da Universidade Senior, no Paraninfo da Maestranza, o coro tivo dúas actuacións. A primeira para inaugurar o acto co Gaudeamus Igitur e a segunda para pechalo coa interpretación do Alalá de Noia e do Himno Galego

https://www.facebook.com/Adayeus/videos/945130368989899/