11 DE FEBREIRO DE 2020
Compartimos pax. web do Concello:
REY: “TEMOS UN PROXECTO DE CIDADE PENSADO DESDE O DIÁLOGO E ESCOITANDO Á CIDADANÍA, PERO TAMÉN ASUMINDO AS NOSAS RESPONSABILIDADES COMO GOBERNO”
A alcaldesa impartiu unha conferencia na Fundación Barrié na que falou dun modelo de cidade baseado na reactivación e no constante diálogo co resto da Corporación, con outras administracións e con todos os axentes sociais e veciñais
A alcaldesa, Inés Rey, deu esta tarde a conferencia «A Coruña: un proxecto para a cidade» no auditorio da sede da Fundación Barrié, nun acto organizado pola vocalía de Aula Aberta de ADAYEUS (Asociación de Alumnos e Exalumnos da Universidade Sénior). Ao evento tamén asistiron o presidente de ADAYEUS, Roberto Pérez Escutia, o vocal da Xunta Directiva, Antonio Lema, e a secretaria da Xunta Directiva, Marisa Mauriz.
Sigue leyendo