Despois de xuntar o grupo de ADAYEUS con 54 persoas , ás 8 da mañá, emprendemos viaxe cara á fronteira con Asturias , ó lugar coñecido pola fabricación artesá de navallas. Durante a viaxe o guía fixo unha exhaustiva exposición do camiño que recorremos e do que nos agarda alí espertando grandes expectativas…. Imos ver…..
Tras un percorrido cheo de curvas, chegamos ó museu da cuchillería .
Sorprendente o idílico enclave. Sete xeracións de ferreiros deixaron a súa pegada e un membro da última fixo para nos unha demostración do proceso de elaboración das navallas de Taramundi CQ.
Satisfeita a curiosidade e mercadas algunhas pezas continuamos o percorrido programado, visitamos o Castro de Os Castros, case no centro do povo facendo có paseo ganas de xantar.
Para sorprendernos e antes de degustar as viandas típicas ofrecéronnos o culín de sidra asturiana fresca que deu paso á xuntanza no comedor. Ata celebramos o cumple dunha compañeira….
Para completar a xornada visitamos o Museu dos Muiños de Manzonovo exhibición interactiva de diversos tipos de Muiños nunha paisaxe de aguas marabillosa .
Como remate da xornada viaxeira paramos en Mondoñedo, puidemos ver a Catedral ,as ruas e a ponte do pasatempo.
Casualmente hoxe comenzaba a festa das Quendas e puidemos ver rapaces vestidos ó xeito tradicional dirixindose á leitura do pregón que non puidemos presenciar por mor da hora de retorno.
Chegou o momento de voltar á casa despois de disfrutar dun moi bo día de lecer.