Citámonos na Fundación Barrié o pasado día 4 de decembro para visitar a exposición fotográfica de Norman Parkinson.

Parkinson foi un dos mellores fotógrafos do século XX. Fixo que nas súas fotografías se contextualizara  a moda desde os anos trinta ata a década dos oitenta. Caracterizouse principalmente por sacar aos modelos a rúa, onde se moven con naturalidade en escenas reais.

Tamén fotografou a personaxes coñecidos como  Beatles, Rolligs Stones, Nati Abascal, Liz Taylor e un longo etcétera.

O guia fíxonos un percorrido pola exposición explicando moitos detalles, que sen a súa explicación, pasaríannos inadvertidos. Foi do agrado de todos.