O xoves, 27 de decembro de 2018, un grupo de 18 alumnos e dúas representantes de Adayeus, dirixímonos en autobús cara Arteixo para adentrarnos no interior de Zara: unha viaxe á sede central de Inditex. O resultado da visita deixounos á maioría impresionados.
Fomos recibidos sobre as dez da mañá por María, persoa coñecedora do funcionamento da empresa e que nos guiou con gran maestría e didáctica por este inmenso lugar.
Explicounos in situ, todo o proceso de deseño, fabricación, distribución e loxística deste recoñecido coloso da moda que por máis que vos queiramos describir ou contar, a realidade vivida supera as palabras.
Ao remate da visita, María agasallounos a cada un de nós cunha bolsa branca de tea pintada en negro.
GRAZAS!
Asdo.: Isabel M.