Os días 23 e 29 de outubro, 45 alumnas e alumnos da Universidade Sénior, asistimos ao «Percorrido polas árbores sobranceiras nos xardíns coruñeses de Méndez Núñez». A Vogalía de Saídas Culturais entregóunos un díptico cunha interesante historia sobre eses xardíns e unha proposta de actividades para podermos realizar un percorrido máis participativo.
Fixo de guía o mestre e biólogo Xosé Manuel Espiñeira Illobre que manifestou a súa satisfación vendo a implicación do alumnado. Rematado o percorrido transmitímoslle a nosa felicitación pola amena exposición dos seus coñecementos.