No Servizo de Estudantes da Universidade da Coruña (UDC), estamos preparando as Xornadas de Portas Abertas Virtuais (XPAV) para os vindeiros mércores 30 e xoves 31 de marzo, en horario de 16:00h a 20:00h, vía Teams.
A nosa intención e facer unhas Xornadas áxiles e interesantes para o Futuro Estudante, nas que poderá:
- Seguir as charlas en directo das titulacións de Grao nas que poderán facer consultas aos relatores.
- Ver vídeos dos Centros e da Vida Universitaria que a UDC lles ofrece, así como testemuñas do alumnado universitario.
- Participar nos retos e obradoiros, nos que poderán conseguir premios.
As Xornadas comezarán o dia 30 e o 31 de marzo ás 16,00h coa charla en directo sobre as ABAU – PREINSCRICIÓN do prof. Pedro Armas, Delegado da UDC ante a CIUG, nas que expoñerá o calendario e novidades para o 2022.
Podedes visitar a última edición das Xornadas virtuais na seguinte ligazón:
https://www.udc.es/es/futuros_estudantes/portas_abertas/
A Coruña, 14 de marzo de 2022.- A Universidade da Coruña organiza unhas xornadas de portas abertas virtuais
para dar a coñecer a nosa ampla oferta de titulacións de grao e a VIDA UNIVERSITARIA ao futuro estudantado, polo que resulta imprescindible contar coa súa colaboración.
As Xornadas desenvolveranse o mércores 30 e o xoves 31 de marzo das 16:00 h ás 20:00 h a través de Teams.
Haberá charlas informativas sobre ABAU e PREINSCRICIÓN, GRAOS e un PUNTO DE INFORMACIÓN atendido polo persoal do Servizo de Estudantes e dos campus de especialidade.
Poñeremos a disposición dos visitantes vídeos dos centros universitarios e vídeos relacionados coa vida universitaria: residencias públicas, cultura, deportes, cooperación e voluntariado, medio ambiente, UDC Saudable, participación, emprego, atención á diversidade, Centro de Linguas, ORI, Bibliotecas, Aulas de Estudo…
Para que as Xornadas sexan máis dinámicas, gustaríanos contar con novos Retos e Obradoiros en directo. As persoas gañadoras serán agasalladas con suadoiros, libros e bolsas da UDC.
Podedes participar activamente nestas Xornadas, achegando vídeos/recursos da vosa Asociación, que subiremos ao voso apartado na web: https://udc.es/gl/sape/asociacionismo/Asociacions-UDC/
e/ou propoñendo actividades en directo.
Podedes revisar o material que xa figura na web de Futuros Estudantes, da edición anterior:
Vida Universitaria: https://www.udc.es/es/futuros_estudantes/portas_abertas/vida-universitaria/
Retos / Obradoiros: https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/obradoiros-retos/
