O día 30 de xaneiro, organizado pola Vogalía de Aula Aberta, asistimos a charla-coloquio de Marga Rosende sobre o seu libro «El color del cristal con que me miras». Foi na libraría Berbiriana. Como a liña condutora da novela é o Camiño Primitivo, o coloquio foi moi participativo xa que varios dos asistentes teñen feito ese camiño ou pensan comezalo o vindeiro 29 de febreiro. E ese foi o motivo polo que presentamos ese libro nun lugar que é algo máis que unha libraría. Rematamos o acto, despóis de máis de hora e media, en agradábel conversa.