Hoxe, 12 de maio, venres, as 10 h, 47 membros de ADAYEUS, acudimos a Pontevedra, tal e como tiñamos convocado e informado, para participar nas II Xornadas de Asociacións Universitarias Séniors, que baixo o título «Entorno Psicosocial para un envellecemente Activo», se celebraron no Salón de Actos da Facultade de Ciencias Sociais e dá Comunicación dá Universidade de Vigo Campus de Pontevedra, A Xunqueira. A Formación e a Cultura ao longo de toda a vida, é a proposta de FEGAUS, claves para un envellecemento activo e saudable.
Acompañados por outros alumnos dos programas de maiores seniors de Galicia (PUMs), tivemos a sorte de escoitar diversas ponencias das mesas redondas alí establecidas, como por exemplo: Intelixencia Emocional, Envellecemento activo desde a Fisioterapia, Contexto socioeconómico de España en relación ca UE, etc.
Unha das mesas, foi a da «Posta en común das Asociaciones de Alumnos», coa intervención das asociaciones ASAEX, IV CICLO LUGO, AULAS DE FORMACIÓN ABERTA OURENTE, AULAS DE FORMACIÓN ABERTA VIGO, e por suposto a nosa, ADAYEUS, na que puidemos poñer en común as cousas que facemos en cada una das nosas Asociacions, como por exemplo, as actividades, as relacións coas universidades respectivas, as relacións cas outras Asociacions, etc.
En definitiva, foi una Xornada moi proveitosa, que esperamos se volva a repetir o ano próximo.
Marisa Mauriz