Diseño sin título

Organizada pola Vogalía de Saídas Culturais de ADAYEUS o 28 de febreiro, 30 alumnos da Universidade Sénior da Coruña, realizamos unha visita guiada á exposición LITA CABELLUT TESTIMONIO, no MAC.
Despois de recibir unha pequena información sobre a vida da artista comezamos a visita. Nos distintos espacios da exposición fomos vendo e tratando de interpretar o multidisciplinar traballo da artista: “La mudez de la existencia”, ”La verdad”,”Silencio blanco”, “El grito animal”, “Los acróbatas de la ciudad” e “Las estrellas desnudass”
Tamén, despois de ver un vídeo sobre o seu estudo na cidade de La Haya -onde vive e traballa- tivemos tempo para opinar e debater sobre a súa persoal forma de facer e entender a pintura.
Como a mostra segue aberta ate o 1 de abril, invitamos aos compañeiros de Universidade Sénior que non deixen de vela.