Toda unha experiencia para os nosos sentidos!!! Así resumo a  visita ao Mundo Estrella Galicia (MEGA)

Chegamos ás instalacións ás 16:30 horas e fomos recibidos por  Óscar López que nos presentou a Fernando, un estupendo guía totalmente comprometido coa empresa. A entrada fíxose en dous grupos de 24 persoas, e entramos cunha diferenza de 10 min. cada grupo.

Antes de entrar puxéronnos unhas pulseiras que levan un chip co que poderíamos interactuar no museo.

Resumirei o contido  do noso percorrido polo MEGA.

Na planta baixa, coñécemos aos fundadores da empresa, os irmáns  Rivera e os seus descendentes ao longo de catro xeracións.

Era tamén a planta das materias primas. Hai unha sala adicada a auga, concretamente a auga da presa de Cecebre, xa que sin ela, Estrella Galicia no tería ese sabor tan característico.

No primeiro andar está a sala das caldeiras de cobre orixinais e as súas  paredes decoradas representando a historia da cervexa realizadas por Ángel Atienza.  Logo accedimos ao mirador sobre a fábrica actual onde se envasa, e que estaba en pleno funcionamento, xa que o museo está integrado na propia fábrica.

Finalmente, no terceiro andar atopámonos coa  publicidade, as  etiquetas, os diferentes envases etc.  que houbo ao longo dos anos de Estrella Galicia e a todas as actividades nas que a empresa participou activamente tanto nos deportes como na música.

 E por último chegamos, como non podía ser menos, á sala de degustación. Neste caso foron cinco vasos de 12 cl. e a maiores unha caña. Para picar, patacas de Bonilla. Ese foi o momento para nós de descanso e relaxación.

Pero si teño que resumir o que máis chamou a atención deste museo diría que é a tecnoloxía. que vai sorprendéndonos en aumento, conforme íamos percorrendo as distintas salas.

En definitiva: un museo sorprendente polo  novedoso, interactivo, virtual, e por suposto, moi representativo da nosa cidade.

Asdo.  Loli Domínguez