Sobre as once da mañá do mércores 31 de outubro, un grupo numeroso de alumnos da Universidade Senior, foron convocados pola Vogalía de saídas culturais de ADAYEUS, diante do edificio da Autoridade Portuaria (A Coruña), para unha visita guiada ao Porto Exterior.

       A primeira toma de contacto correu a cargo de Enrique Losada, Presidente da Autoridade Portuaria, que mediante unha extensa charla informou aos presentes sobre os inicios, funcionamento e xestión do Porto exterior; seguido dun coloquio no que dou resposta ás inquedanzas dalgúns dos oíntes do grupo de alumnos de Adayeus.

       A continuación, pasouse á parte práctica co traslado en autobús, que a Autoridade Portuaria puxo á disposición dos asistentes, cara a Punta Langosteira.

       Para afianzar as explicacións do Presidente da entidade, contamos coa axuda de Ramón Castro que en directo nos informou sobre as instalacións, empresas, medios e funcionamento do Porto Exterior, con paradas en varios lugares que non son facilmente visitables polo público.

     Desde a Asociación Adayeus, agradecéuselle a estas persoas colaboradoras o tempo adicado e as facilidades da visita.

     Como conclusión, consideramos que resultou unha visita moi completa e que supoñemos satisfixo aos presentes. Moitas grazas pola participación!