Como adoita ser habitual nas datas do Nadal o Coro Adayeus visitou as residencias de maiores, que figuran a continuación, co fin de desexar felices festas aos residentes e interpretar para eles cancións populares, así como, algunhas panxoliñas.
O calendario foi o seguinte:
10 de decembro en Sanitas (Monte Alto)
12 de decembro na Obra da Señora (Os Rosales)
13 de decembro na Milagrosa
17 de decembro en Grupo Ballesol (Oleiros)
Todas as actuacións foron moi aplaudidas por un público tan entrañable e especial. Lograron sacarlles a mellor dos sorrisos e, ata en algunha ocasión, animáronse a bailar e acompañar a ritmo de palmas.
As Direccións dos Centros felicitaron e agradeceron a visita.
Para cada un dos integrantes do Coro estas actuacións supoñen unha satisfación persoal polas características do público a quen vai dirixido.
Aquí tedes unha mostra fotográfica: