A tarde do pasado 16 de xaneiro os compoñentes do coro Adayeus  diríximonos cara ao moderno barrio coruñés de Matogrande para actuar na Residencia da 3ª idade DomusVi Matogrande.

Ao chegar fomos recibidos pola dirección do Centro e dirixidos ao Salón de actos onde actuamos.

A Residencia ofrece máis de cen prazas para residentes e tamén ofrece prazas como Centro de día.

A nosa actuación formou parte das actividades programadas pola dirección, e para nós, significou un acto solidario na que os residentes participaron entonando algunhas cancións e acompañando con palmas.

As cancións Piel canela, Foliada da Cruña, Muradana, Os cregos e taberneiros, Gobbo se pare, O rodaballo foron incluidas no programa.

Toda unha actuación moi emotiva e na que, ao rematar, saímos coa sensación de alcanzar un obxectivo: arrincar un sorriso aos nosos maiores e que pasaran un rato agradable.

Voltaremos pronto, amigos!!!