[vimeo 313524880 w=640 h=352]

O día 25 de xaneiro ás 11 da mañá, un grupo de 50 socios de Adayeus, tíñamos unha cita na Praza  da Constitución, situada na Cidade Vella da Coruña para asistir ao cambio de guardia e a unha visita guiada ao Palacio de Capitanía.

O acto iniciouse coa chegada da guardia entrante acompañada coa Banda de Música da Forza Loxística Operativa. Tras os saúdos correspondentes, os que estiveran vixiando o cuartel durante o turno anterior, danlle o relevo aos que o farán nun novo turno e saen da Praza ao ritmo de música militar.

A continuación, o Coronel que presidiu o acto, achegouse moi amablemente a nós, para invitarnos a entrar no Palacio de Capitanía e facer a visita guiada.

Consistiu primeramente nunha explicación da  fachada neoclásica do Palacio.

Logo de organizarnos en dous grupos para acceder ao interior do mesmo iniciamos o percorrido polas dependencias máis significativas, iniciando no Patio cuberto (con escudos de España desde os Reis Católicos, vidrieras decoradas con uniformes de época), a antesala do salón do trono (con pinturas do Museo de Prado adicadas aos Reis) , o salón do trono (coa colección de pinturas: os 12 meses do ano, tamén pertencentes ao Museo do Prado), o pasillo dos espellos, o Aljibe do século XVIII e por último o salón de honor onde a persoa que nos guiou, o Teniente Coronel Costa, despediuse de nós e invitounos a que déramos a coñecer esta iniciativa das visitas e a asistir aos concertos que se fan todos os últimos xoves de mes.

Os asistentes a esta visita saímos moi sorprendidos e coa sensación de que na nosa cidade aínda temos moito que descubrir.