A/A DA COMUNIDADE UNIVERSITARIA DA UNIVERSIDADE SÉNIOR
Prezados alumnos e compañeiros:

Diríxome a vós desexando que todos e todas, xunto as vosas familias, vos encontredes ben. Quero enviar a todo o noso alumnado, docentes e persoal de administración unha mensaxe de confianza, de tranquilidade e sobre todo de agradecemento pola colaboración para cumprir e facer cumprir as distintas recomendacións e mandatos que realizan as diferentes administracións. E anímovos a cumprir responsablemente os consellos que nos transmiten constantemente o Ministerio de Sanidade e o SERGAS.

É fundamental que permanezamos nas nosas casas. É a primeira medida para loitar contra a crise deste COVID-19: loitar todos xuntos. E non olvidemos que a poboación máis sensible é a formada polas persoas de idade avanzada e con enfermidades crónicas, que deben manter o menor contacto posible co exterior e cos seus familiares para así evitar o contaxio, e recorrer a eles cando sexa imprescindible. Manter o distanciamento social axudará a minimizar os riscos.

É importante agradecer á comunidade universitaria a forte solidariedade que está a mostrar nestes momentos difíciles, xuntando esforzos na procura das solucións e dos medios necesarios para o desenvolvemento das nosas funcións, docente e investigadora, e de xestión administrativa. Afrontando os retos destes tempos excepcionais, garantindo que o estudo e a aprendizaxe dos nosos estudantes máis novos se realicen con éxito e garantindo un escenario fronte á preocupación e á incerteza xerais.

Para finalizar, dar as grazas a todos os que traballan nestes días combatendo esta epidemia (Persoal Sanitario, Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Policía Local e Protección Civil), así como ás persoas que traballan en servizos esenciais, aos empregados e empregadas deses establecementos que permanecen abertos, como farmacias, gasolineiras, tendas de alimentación e supermercados, que asumen un risco engadido para abastecernos aos demais de bens de primeira necesidade.

Finalmente, dende o Equipo da Universidade Sénior queremos transmitirvos os nosos mellores desexos de ánimo xunto con todo o noso afecto e agarimo para afrontar esta difícil situación.

Coidádevos moito!

Matilde García Sánchez
Dirección da Universidade Sénior-UDC