Outra saída máis de ADAYEUS, esta vez á Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) La Telva.

A encargada de guiar a visita foi Carmen Morales que nos explicou amablemente todo o proceso.  Entusiasta na explicación, asegurou que a auga da Coruña é unha das mellores augas de España.

Esta planta entrou en funcionamento no ano 1996 e ten un caudal de 1000 l/sg. O proceso comeza coa captación de auga do Río Mero, logo hai un desbaste dos elementos máis grosos (polas, follas…) para logo pasar polos procesos de bombeo e cámara de mesturas (cloro, almidón..) decantación, filtración e finalmente cloración. Despois de ser tratada trasládase a través dun conxunto de tubarias desde a ETAP ata os distintos depósitos ubicados na cidade da Coruña e a súa área metropolitana. Tamén dispón dunha planta de tratamento de lodos.

Esta planta funciona 24 horas ao día e permite que todos os coruñeses dispoñan de auga apta para o consumo con so abrir a billa.

A pregunta que nos facíamos ao saír é: por que mercar auga embotellada habendo unha auga na nosa cidade tan ben tratada???

A Coruña, 13 de marzo de 2019

 

Vogalía de saídas culturais