Cliquea no seguinte enlace para ver a reportaxe:
https://photos.app.goo.gl/k51Czv1j6ofxSTT12
O xoves 21 de xaneiro, un grupo de alumnos da Universidade Senior, visitamos as instalacións da Voz de Galicia en Sabón (Arteixo).
Ao chegar fomos recibidos por Nazareth que nos explicou dun xeito claro e preciso todo o proceso de como se traballa nun xornal e atendeu amablemente todas as nosas preguntas.
A Voz de Galicia foi fundada por Juan Fernández Latorre no ano 1882, que foi, non só empresario se non tamén político, co obxecto de servir á liberdade e á democracia.
Os xornalistas comezan pola mañá nas distintas seccións a recadar información e van preparando os temas que, pola tarde, en reunión co director, perfilan todos os contidos. O persoal de peche decide que irá na portada. Ata as 3h. queda unha garda por calquera nova que, pola súa importancia, mereza ser publicada.
Todo atópase informatizado nos ordenadores e volcánse en táboas de aluminio que pasan ás rotativas. Cada rotativa imprime 30.000 exemplares por hora. O consumo diario é duns 120.000 exemplares para o que se precisan unhas 28 toneladas de papel. Os domingos a tirada é duns 160.000 exemplares e o consumo de papel aproxímase ás 45 toneladas.
Unha vez que saen de impresión, o papel cólganse nunha cadea de dous quilómetros onde se seca. Logo se empaqueta, etiqueta e se carga para distribuírse. O papel utilizado é reciclado.
O Museo Fernández Latorre foi a última parada da nosa visita. Foi fundado no ano 1998 e inaugurado polo Rei. Ten 5.000 exemplares de xornais e revistas de todo o mundo e de todas as épocas, ademais de fotografías e documentos de gran valor periodísticos.
De especial interese son exemplares de El Catón Compostelano y Nuevos Avisos de Inglaterra. Explicáronnos tamén a histórica rotativa activa ata 1930 de impresión en plomo.
A visita, en xeral, foi moi valorada polos asistentes.