O luns 18 de febreiro, ADAYEUS tiña unha cita na Gran Torre de Telefónica do Montiño, no barrio coruñés de Castrillón, para visitar o Museo didáctico das Comunicacións.
Con moita puntualidade as 14 persoas citadas fomos recibidos por Felix Rodríguez, un xubilado de Telefónica que amablemente nos fixo unha descripción dos equipos de telefonía e telegrafía destacando a súa funcionalidade didáctica. Comprobamos que case todos os equipos están en funcionamento, podendo realizar chamadas entre eles e tamén co exterior.
No museo apreciamos a evolución das comunicacións desde os primeiros teléfonos ata a tecnoloxía actual de fibra óptica
Desde ADAYEUS queremos dar as grazas aos impulsores desta iniciativa por rescatar todos os elementos que nos permiten recrear a historia das comunicacións e deixar un bo legado ás novas xeracións.
Vogalía de Saídas culturais