Diseño sin título
  Agasallo de marcapáxinas

Organizada pola Vogalía de Saídas Culturais fixemos unha visita ao Centro Oceanográfico da Coruña. Repartímonos en grupos e seguimos as interesantes explicacións encol das súas investigacións no medio mariño, tan importantes para o asesoramento científico e tecnolóxico ás administracións. O tempo fíxosenos curto.

O primeiro taller é o chamado “O corazón do Planeta”. Nel explicáronnos a distribución da temperatura oceánica,  o circuíto das grandes correntes mariñas e a medición da salinidade.

O seguinte taller foi “A Vida ao Microscopio”, que consistiu en observar organismos mariños microscópicos.  Do fondo mariño observamos  diminutos crustáceos, e pequenos moluscos. Nas mostras de plancton pequenos crustáceos, larvas de peixes e outros animais mariños. O módulo complementouse cunha explicación das redes e dos aparellos oceanográficos usados para conseguir as mostras.

No taller chamado “Investigando os Peixes”: explícáronnos os estudos científicos habituais que se fan nas especies de interese comercial co fin de conseguir unha explotación correcta das especies. Algúns dos conceptos que se tratan son os seguintes: métodos de obtención de datos científicos, investigacións do crecemento dos peixes, anatomía exterior e interior dun peixe, selectividade das artes de pesca …

Para facer os traballos de investigación o Instituto Español de Oceanografía (IEO) ten un buque que, ocasionalmente, fan xornadas de portas abertas coa finalidade de dar a coñecer as actividades que se realizan a bordo. Agardamos poder acollernos a esta iniciativa que solicitaremos oportunamente.