Bo día,

 

Dende o Servizo de Estudantes estamos a organizar unhas Xornadas Virtuais de Portas Abertas para dar a coñecer a nosa ampla oferta de titulacións de grao e a VIDA UNIVERSITARIA ao futuro estudantado, polo que resulta imprescindible contar coa súa colaboración. 

 As Xornadas desenvolveranse o mércores 30 e o xoves 31 de marzo das 16:00 h ás 20:00 h a través de Teams. 

 Haberá charlas informativas sobre ABAU e PREINSCRICIÓN, GRAOS e un PUNTO DE INFORMACIÓN atendido polo persoal do Servizo de Estudantes e dos campus de especialidade. 

 Poñeremos a disposición dos visitantes vídeos dos centros universitarios e vídeos relacionados coa vida universitaria: residencias públicas, cultura, deportes, cooperación e voluntariado, medio ambiente, UDC Saudable, participación, emprego, atención á diversidade, Centro de Linguas, ORI, Bibliotecas, Aulas de Estudo…  

 Para que as Xornadas sexan máis dinámicas, gustaríanos contar con novos Retos e Obradoiros en directo.  As persoas gañadoras serán agasalladas con suadoiros, libros e bolsas da UDC.  

Podedes participar activamente nestas Xornadas, achegando vídeos/recursos da vosa Asociación, que subiremos ao voso apartado na web: https://udc.es/gl/sape/asociacionismo/Asociacions-UDC/

e/ou propoñendo actividades en directo.

Podedes revisar o material que xa figura na web de Futuros Estudantes, da edición anterior:

Vida Universitaria: https://www.udc.es/es/futuros_estudantes/portas_abertas/vida-universitaria/

Retos / Obradoiros: https://www.udc.es/gl/futuros_estudantes/portas_abertas/obradoiros-retos/

 

Nas seguintes ligazóns podes obter información máis detallada de:Futuros Estudantes: https://www.udc.es/es/futuros_estudantes/graos/