O Castro de Elviña

Conscientes de que a nosa cidade ten bastante historia que todos os coruñeses deberiamos coñecer, Adayeus organizou unha visita guiada ao Castro de Elviña.  A cita foi ás 10:30  do día 3 de abril no Campus Universitario de Elviña. O Castro de Elviña é un gran referente  histórico e, con toda seguridade, o máis antigo…

Visita a La Telva

Outra saída máis de ADAYEUS, esta vez á Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) La Telva. A encargada de guiar a visita foi Carmen Morales que nos explicou amablemente todo o proceso.  Entusiasta na explicación, asegurou que a auga da Coruña é unha das mellores augas de España.

Visita ao oceanográfico

  Agasallo de marcapáxinas Organizada pola Vogalía de Saídas Culturais fixemos unha visita ao Centro Oceanográfico da Coruña. Repartímonos en grupos e seguimos as interesantes explicacións encol das súas investigacións no medio mariño, tan importantes para o asesoramento científico e tecnolóxico ás administracións. O tempo fíxosenos curto.

Visita ao MUNCYT

Outra saída cultural de Adayeus moi interesante. Esta vez ao MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia y Tecnología), cun guia moi profesional que nos informou e aclarou amablemente todas as preguntas que lle fixemos. Percorrimos as 4 salas. Na sala Iberia, unha das que máis nos chamou a atención, vimos o avión (boeing 747) que trouxo…