Outras actuacións para celebrar o Nadal nas Residencias de Maiores.
Escola Arquitectura Técnica: venres, 22 de novembro ás 20:30 horas
Residencia Domus.vi Oleiros: luns, 9 de decembro ás 17:30 horas
Centro de Maiores A Milagrosa: xoves, 12 de decembro ás 18 horas
Residencia Sanitas: luns, 16 de decembro ás 18 horas
Residencia La Obra de la Señora: xoves, 19 de decembro ás 18 horas
Actuación na Residencia de Maiores
Na Residencia Concepción Arenal Domus-Vi foi a nosa primeira actuación este curso para os maiores. Como vén sendo habitual, moi boa acollida e moitas vibracións entre os asistentes.

Inauguración do Curso académico
O día 17 de outubro inaugurouse o curso académico no Paraninfo da Reitoría na Maestranza. Despois das intervención da Viceirreitora, Dª Nancy Vázquez e da Directora da Univeresidade Sénior, Dª Matilde García o Profesor Francisco Moreno, Director académico do Instituto Cervantes e catedrático de Lingua Española da Universidade Alcalá de Henares obsequiounos cunha lección Maxistral titulada El español en territorio comanche. O coro, como colofón, deleitounos co Himno Galego, Alalá de Noia e Gaudeamus Igitur.
