Prezada Comunidade Universitaria:
Antes de nada, quero enviar unha mensaxe de afecto a aqueles e aquelas que estades a padecer máis de preto os estragos da pandemia. Quero tamén trasladarvos a miña confianza en que xuntos superaremos esta difícil situación.
Desde un primeiro momento, o noso obxectivo foi e é o de que, polo menos no ámbito que nos compete, que regularmente estivésedes a recibir novas nosas a través do correo electrónico, as redes sociais e coa implementación dun novo espazo web provisorio (universidadesenior.org), e que este illamento colectivo para conter o avance do coronavirus non supuxese perder o contacto entre nós. Por iso, a Universidade Sénior quixo manterse ao voso lado, referendando o seu compromiso coa súa razón de ser: vós os nosos estudantes.
Pero sen esquecer, a implicación e importante esforzo do noso profesorado na preparación de materiais e recursos docentes para todos vós, o que permitiu e permite dar continuidade á actividade formativa de xeito non presencial, non sempre doado para o seguimento ordinario da docencia.
Pero xa estamos a acadar un novo escenario, a nosa Universidade xa ten comenzado o proceso de desescalada. Prorrogado o estado de alarma e seguindo as recomendacións e medidas adoptadas pola resolución Reitoral do 8 de maio de 2020, cun obxectivo fundamental de conseguir que se recupere paulatinamente a actividade ordinaria, pero minimizando o risco que representa a epidemia para a saúde da nosa comunidade universitaria.
A Universidade Sénior, que levamos en situación de tele traballodende o comenzo da crise, nas semanas vindeiras iremos retornando a unha certa normalidade, aínda que seguirá prevalecendo o teletraballo.
A actividade administrativa continuará de modo remoto mantendo o contacto a través das redes sociais, os correos electrónicos e os teléfonos habituais nun horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.
O Edificio da Normal permanecerá aberto de 9 a 14 horas, aínda que non haberá atención directa ao público, só se permitirá atención presencial de xeito puntual con cita previa.
A cita previa solicitarase por correo electrónico: udc.senior@udc.es ou no teléfono 881014507.
O Edificio de Apoio ao Estudo (Ferrol) permanecerá aberto de 9 a 14 horas, aínda que non haberá atención directa ao público. Todas as consultas realizaránse nos teléfonos 881013631 (en horario de 10 a 13:30 h) e 881013615 (en horario de 9 a 14 h).
Quero anunciarvos que na última semana de maio está previsto que finalice o presente curso académico. E tamén, que saibades que estamos a traballar na programación do novo curso académico 2020/2021, e en relación ca situación creada pola declaración do estado de alarma polo COVID-19, será preciso que tomemos unha serie de decisións para comezar o curso nas mellores condicións que permitan inicialo. Ao longo destas semanas contaredes con información detallada sobre todas estas cuestións que sabemos que vos preocupan.
Agradézovos o esforzo que estades a facer durante estes complicados momentos. Tanto eu como todo o persoal que integra a Universidade Sénior, quedamos á vosa disposición para calquera dúbida ou aclaración que teñades.
Gracias a todos pola vosa colaboración.
Unha forte aperta e moita saúde!
Matilde García Sánchez Directora da Universidade Sénior UDC