Tal como estaba previsto, a vocalía de saídas culturais de Adayeus materializou a súa primeira visita á Fundación de arte ”María José Jove” o martes, 16 de novembro, ás doce en punto da mañá. A seguinte está prevista para o vindeiro martes.Nada máis chegar, recibiunos a súa guía Patricia, persoa moi entendida que nos dou unha ampla visión das obras expostas, pasando polas distintas etapas pictóricas. Recreouse na explicación de cadros concretos das distintas coleccións, interrelacionando uns cadros ou uns pintores con outros.
A explicación comeza cronolóxicamente na primeira sala co romanticismo de Pérez Villaamil e outros cadros realistas, asi como co clasicismo da Escola de Roma.
Continuamos a visita co primeiro terzo do S. XX, que está protagonizado por unha significativa representación do foco artístico catalán, entre os que se encontran Joaquím Mir, Casas, Nonell, Angelada Camarasa ou Santiago Rusiñol.Pasamos logo a visionar o cubismo dos anos 20 de Picasso que abre o capítulo da denominada Escola de París, xunto con Salvador Dalí ou os galegos Maruja Mallo e Eugenio Granell que, conviviron coas vangardas internacionais dos anos 30 e 40, presentes na colección a través de Vassily Kandinsky ou Fernand Léger.Tamén explicounos un oleo en clave surrealista de Joan Miró da década dos 40 e unha modelo do taller de Picasso que pechan o capítulo das vangardas.
O seguinte paso foi darnos unha pincelada acerca da pintura galega dos anos 20 aos 60, capítulo encabezado por Castelao, Luis Seoane, Díaz Pardo ou Laxeiro. Outros artistas galegos atópanse igualmente presentes na exposición. A década dos 60 está protagonizada polo grupo El Paso.
Ollamos tamén a parte correspondente á arte internacional contemporánea na que cabe destacar a Chiharu Shiota, entre outros. Algo que chamou a atención a unha das compañeiras presentes na visita polo seu realismo dentro do campo da escultura-instalación foi a obra de Louise Bourgeois: “Espiare Home, 2002” na que nos presenta un dos seus máis emblemáticos iconos, as arañas, na que identifica a figura materna, paciente protectora e incansable texedora e a filla, á vez protectora dos seus propios fillos. Finalmente, achegámonos ao S. XXI da man de creadores moi diversos cuios prantexamentos estéticos e conceptuais atópanse en contínua progresión.
Esto foi un pequeno resumo do visto que, pola grandeza das obras expostas, requiriría de máis tempo do que tiñamos previsto.Sempre grazas á Fundación por ser un museo vivo en continuo crecemento e cercano ás persoas e pola excelente labor da guía que nos fixo moi didáctica e amena a visita.
Asdo.: Isabel Magariños